Google Maps

Quen é o Pegman?

Pegman en Google MapsO Pegman é o teu guía en Street View. Cólleo e arrástrao ao lugar que desexas ver; deste xeito as estradas das imaxes de Street View aparecerán cun bordo azul. Pegman, cando non se utiliza, séntase derriba dos controis do zoom de Google Maps.

A orixe do nome inglés Pegman provén do feito de que ten a forma dunha pinza para tender a roupa ("peg" en inglés). Aparece personificado como un personaxe de tamaño real en varios dos nosos vídeos de demostración; ademais tamén apareceu noutros eventos de Google, como no lanzamento de Street View en Francia en 2008.

Ás veces, Pegman disfrázase para eventos e ocasións especiais, ou incluso se unen a el os seus amigos en Google Maps. Algunhas destas iconas permanecen en Google Maps para situacións específicas, como o Pegman esquiador da montaña Whistler Blackcomb e o pingüín das imaxes de Street View da Illa Media Lúa, na Antártida. Iconas de Pegman

Disfraces de Pegman Bosquexos de Pegman Debuxos e prototipos orixinais dun disfrace de Pegman en tamaño real (Cortesía de J&M Costumers)