Privacidade

A túa privacidade e seguridade son importantes para nós. O equipo de Street View toma unha serie de medidas para protexer a privacidade e o anonimato dos individuos cando se recollen imaxes para Street View, como desenfocar as caras e as matrículas. Podes contactar facilmente co equipo de Street View se ves unha imaxe que se debería protexer ou atopas unha imaxe preocupante. Para obter máis información, mira o noso vídeo ou segue lendo máis abaixo.



Funcións de privacidade

Só acceso público

Street View contén imaxes dende vías públicas: o que mostran é o mesmo que verías conducindo ou camiñando pola rúa. As imaxes deste tipo que retratan cidades de todo o mundo están dispoñibles nunha ampla variedade de formatos. Nalgúns casos, Google asociarase con organizacións como Disneyland París para programar a recompilación de imaxes da súa propiedade.

As imaxes de Street View non son en tempo real

As nosas imaxes só amosan o que ven os nosos vehículos cando circulan polo lugar. Despois, lévanos varios meses procesar as imaxes recompiladas antes de que aparezan en liña. Isto significa que as imaxes que estás a ver en Street View talvez teñan varios meses ou anos.

As persoas e as matrículas están desenfocadas

Desenvolvemos tecnoloxía avanzada de desenfoque de rostros e matrículas que aplicamos a todas as imaxes de Street View. Isto significa que se algunha das imaxes contén caras recoñecibles (por exemplo, a dun transeúnte na beirarrúa) ou matrículas identificables, a nosa tecnoloxía desenfocaraas automaticamente para impedir a identificación da persoa ou do vehículo. Se os nosos detectores pasan algo por alto, podes facérnolo saber facilmente.

Informar de incidencias

Podes solicitar un maior desenfoque dunha imaxe específica

Fornecemos ferramentas de fácil acceso que permiten aos usuarios solicitar un maior desenfoque de calquera imaxe do usuario, da súa familia, do seu automóbil ou da súa casa. Ademais do desenfoque automático de rostros e matrículas, desenfocaremos por completo o automóbil, a casa ou a persoa cando un usuario realice esta solicitude de desenfoque adicional. Os usuarios tamén poden solicitar a eliminación de imaxes que amosen contidos inadecuados (como partes íntimas ou violencia).

Informar dun problema

Como informar sobre algo que che preocupa

Se atopaches unha imaxe que desexas que se desenfoque máis ou unha imaxe que consideras que inclúe contidos reprobables, sigue estes pasos:

  1. Localiza a imaxe en Street View.
  2. Fai clic en "Informar dun problema" na parte inferior dereita da ventá da imaxe.
  3. Enche o formulario e fai clic en "Enviar".

É todo. Revisaremos o teu informe rapidamente.